Jueves, Agosto 10, 2006

Grazas

      

Desexaría que a miña voz

rompese cun solpor

a escuridade eterna.

 

Desexaría que un eco completo

soase no infinito

só un anaquiño de tempo.

 

Desexaría que voltar

non significase comezo,

senón reencontro co pasado,

vida antiga renovada.

 

Desexaría que o son dunha bágoa ó caer

rompese os vidros opacos

do cárcere desta alma.

 

Desexaría que deixando de vivir se gañase tempo,

enganando á morte e ó destino,

para invertilo nun sorriso traizoeiro.

 

Desexaría que cada palabra

fose unha nota en clave deste sol preguiceiro

que conquistou á lúa aloumiñándoa

para alumear máis tarde.

 

Desexaría ser unha onda no mar

para poder renacer a cada segundo

sen que sexa sempre

a mesma pedra a que me desfaga.

 

Desexaría ver á xente

sostendo coma un tridente un raio de esperanza,

coa man erguida, tocando o ceo,

para que Lourenzo a vise

e espertase do seu letargo.

 

Desexaría que un son

soase nas mentes

convertendo a filosofía en nada

para cambia-lo inútil falar

por unha revolución no pensamento.

 

Desexaría ser escrava da liberdade,

dun principio que non rematase ó aparece-lo silenzo,

da palabra firme e loitadora,

desa voz que resoa.

 

Desexaría ser poetisa

sen lapis e papel

e transmitir sentimentos

nunha linguaxe abstracta.

 

Mais escribo e,

aínda que en lingua pobre...

segura, brava, limpa, forte,

como o que grazas a ti persigo.

 

                                       Adicado a J.P.S

Posted by uxiki at 14:40:00 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - Boas Uxi, o teu block esta q se sae, boa información das, acabo de chegar da tall ship races, e agora estou traballando no Lois remato a primeira semana de septembro, despois haber se nos vemos, e ti...¿que andas liando?, ah, lin algún das tuas palabriñas..son boas, oiches! ante a oleada de queima de ideais podiamos ir prantar algunha arbore autoctona, DESEXARIA...jajaja..q te viñeses, haber como ando de tempo e se podemos ir mais.

Deica. (Comment this)

Escrito por: Allo at 2006/08/23 - 12:47:32
Escribir comentario